Escoitar

O goberno de Vigo dedica 160.000 euros á educación de persoas adultas

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a contratación do programa municipal de educación básica de persoas adultas por un importe de 160.000 euros para un período de 4 anos.

luns, 2 set 2024
Foto de arquivo da entrega de diplomas ao alumnado dun dos cursos
Foto de arquivo da entrega de diplomas ao alumnado dun dos cursos

O alcalde puxo en valor a formación que recibe o alumnado cun perfil maioritario de mulleres “de idade avanzada que no seu día non tiveron a oportunidade de aprender a ler e escribir” e que agora, a través deste programa do Concello, teñen acceso á formación.

O Concello adxudicación a contratación do programa de Educación básica de persoas adultas á Asociación de Mulleres Progresistas que impartirá clases de alfabetización, cálculo matemático e novas tecnoloxías, para aprender a usar o teléfono móbil ou o ordenador.

O programa conta anualmente cunha media de 180 alumnas e alumnos que reciben formación nas asociacións de veciños de Teis, Calvario, Cristo da Victoria (Coia), Sárdoma, Bembrive, Lavadores e no centro da cidade.

Descargar todas as imaxes