O alcalde traslada a felicitación da cidade a Susana Rodríguez Gacio, dobre ouro paralímpico en tríatlon
Abel Caballero recibiu este mércores a Susana Rodríguez Gacio, a quen felicitou logo de gañar a medalla de ouro en tríatlon nos Xogos Paralímpicos de París 2024. Esta é a segunda medalla de ouro que acada xa que tamén se proclamou gañadora na cita olímpica de Tokio en 2020, un mérito que destacou o rexedor engadindo que "polo medio sufriches unha caída moi próxima aos xogos que puido incapacitarte" e trasladoulle o "enorme orgullo da cidade" pola súa victoria. Rodríguez Gacio amosouse "encantada de adestrar en Vigo e ter feito toda a miña carreira deportiva aquí" e agradeceu as mostras de cariño recibidas estes días.