Abel Caballero recibe á taekwondista viguesa que representará a España no Campeonato do Mundo de Hong Kong
No Día Mundial do Taekwondo, o rexedor olívico recibiu en dependencias municipais a Xulia González Pérez, membro do Club Yidam Taekwondo, que representarán a España o vindeiro mes de decembro no campionato do mundo de "pumsae" que terá lugar en Hong Kong. Xulia vén de ser campioa de España no certame realizado en Monforte, posteriormente logrou a prata no open de Benidorm e a clasificación ao Campionato do Mundo no open de Madrid. Caballero destacouna como "unha gran campioa" e fíxolle entrega da bandeira da cidade para que "a leve e a exhiba en Hong Kong".


