Vigo acenderá o alumeado de Nadal o 16 de novembro nun acto “sobrio por respecto a Valencia”
O alcalde avanzou esta maña que o acto, previsto ás 20,00 horas, “será diferente, con menos festa, máis sobriedade por respecto a Valencia” explicou Caballero. Este ano o Nadal de Vigo chegará ás principais cidades de España e do mundo en forma de 826 mupis.
Caballero desvelou esta mañá a data do acendido do alumeado de Nadal que será o sábado 16 de novembro nun acto que amosará “todo o noso respecto a Valencia polo que alí está a suceder”. Acompañado por Carmela Silva e Ángel Rivas, Caballero precisou que a posta en marcha do aceso das luces de Nadal será este ano diferente, con menos festa, máis sobriedade por respecto” aos afectados pola DANA.
O alcalde fixo estas declaracións durante a presentación dunha campaña de mupis que se van instalar nas principais cidades de España e do mundo. Serán 826 os carteis que distribuirán por París, Londres, Roma e este ano, como novidade, tamén en Nueva York onde lucirán 10 imaxes do Nadal de Vigo. En España, colocaranse en 25 urbes, entre as que destacan Madrid, Barcelona, Bilbao, Málaga, Sevilla ou Oviedo. En Portugal, tamén estaremos presentes en Porto, Braga, Guimaraes ou Aveiro, entre outros.