Ceferino de Blas “descansará” no monumento de Pereiró deseñado para persoas destacadas por traballar por Vigo
O alcalde avanzou que esta tarde se depositarán as cinzas do primeiro vigués relevante que descansará no novo monolito do cemiterio de Pereiró deseñado para homenaxear a persoas destacadas polo seu traballo en favor de Vigo. Ceferino de Blas será a primeira personalidade que “repousará” neste espazo.

Ceferino de Blas, ex cronista oficial da cidade, será o primeiro vigués distinguido en “repousar” na estrutura instalada en Pereiró para acoller os restos de persoas especialmente destacadas por traballar pola cidade se así o solician as súas familias. Na súa opinión, é merecido que a primeira personalidade que acceda a este espazo sexa este notable vigués, ex director do Faro de Vigo, que “traballou de xeito denodado”, con centos de publicacións e escritos na defensa da cidade.
O conxunto ceremonial está presidido por unha peza que conta cun texto en homenaxe a toda a cidadanía que destaque na súa acción por Vigo. Os monolitos están diseñados en forma xeométrica coa aspa da bandeira de Vigo como eixo.

