A Cabalgata de Reis de 2025 inspírase nos “Contos de Nadal”
Abel Caballero desvelou que se realizará novamente unha versión estática, pola mañá, e unha dinámica, a tarde do 5 de xaneiro.

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación para o deseño e produción das carrozas da Cabalgata de Reis 2025, cun importe de 90.120,14 euros.
A temática desta edición serán os “Contos de Nadal”, que como sinalou o rexedor olívico, “queremos que sexan deseños innovadores”. As propostas deberán ter unha estética atractiva e visual en aspectos tales como colorido e composición. Abel Caballero desvelou que se realizará novamente unha versión estática, pola mañá, e unha dinámica, a tarde do 5 de xaneiro.