Escoitar

Técnicos do Concello e do Goberno de España visitan os tramos a humanizar na AP-9

O alcalde acompañou aos técnicos do goberno municipal e do Estado, que visitaron a contorna da AP-9 que se humanizará “para que a autoestrada na entrada de Vigo deixe de supoñer unha ruptura”.

martes, 5 nov 2024

Técnicos do Concello e da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia visitaron os tramos da AP-9 que o goberno local propuxo para a súa humanización. Abel Caballero acompañou á expedición na ruta pola contorna da autoestrada para amosar os puntos da Gorxa, a Trapa e a zona de Coutadas para a súa cubrición en tramos duns 150 metros e a integración na contorna de Vialia e Alfonso XIII.

“Queremos que a autoestrada na entrada de Vigo deixe de ser unha ruptura na cidade e que os espazos estean humanizados”, recalcou o rexedor. Caballero exemplificou estas obras co fito da Vía Verde, “unha zona recuperada e humanizada”.