Escoitar

O alcalde insiste na finalización do AVE a Vigo en 2030

Abel Caballero avanzou o contido do Pleno Extraordinario sobre a alta velocidade en Vigo que a Corporación Municipal celebra este xoves 7 de novembro.

martes, 5 nov 2024

O rexedor expuxo que o Pleno de Vigo vai propoñer aos gobernos de España e Portugal que aceleren ao máximo a obra da conexión en AVE entre Porto e Vigo para que a data de finalización desta liña de alta velocidade sexa non ano 2030, como ambos os gobernos acordaron nos cumios de Garda, no ano 2020, e de Viana do Castelo, no ano 2022. “Reiteramos que debe estar rematar no ano 2030”, reiterou Caballero.

A alcalde apuntou tamén que na sesión plenaria instarán ao Goberno de España a seguir avanzando coa máxima celeridade na obra da Saída Sur ferroviaria en túnel, desde Vigo ata O Porriño, “coas asignacións orzamentarias que se precisen” para chegar de Vigo a Porriño no ano 2030, executando a Saída Sur, o traxecto ata o río e acordando o punto de conexión ferroviaria entre os dous países. “Recoñeceremos así mesmo aos gobernos de España e Portugal o compromiso firme da execución da liña Vigo – Porto en alta velocidade” compartindo, segundo dixo o Caballero, a proposta do primeiro ministro de Portugal de que o tren de alta velocidade na fachada atlántica debe ser Lisboa–Porto–Vigo–Madrid “e engado Euskadi e Francia”. Para o alcalde a liña Lisboa–Porto–Vigo–Madrid e a liña Lisboa–Porto–Vigo–Valladolid (bypass de Olmedo)–Euskadi–Francia “é a demanda dun gran Eixo Atlántico en alta velocidade vertebrando un área enteira de Europa”.

O goberno municipal quere recoñecer neste Pleno o compromiso do Goberno de España de retomar o proxecto “paralizado e abandonado polo goberno de Mariano Rajoy coa anuencia total do PP de Galicia e de Feijóo”, do tren de alta velocidade Vigo–Madrid directo por Cerdedo”, evitando a circulación por Santiago que lle engade ao percorrido 50 minutos adicionais. “O PP de Vigo e de Galicia e Feijóo xamais defendeu nin reclamou esa liña, o PP aínda a día de hoxe quere que vaiamos por Santiago. Non os oín nin unha soa vez reclamalo; nin a Rueda nin a Feijóo”.

O Pleno deste xoves 7 de novembro, esixirá o AVE directo por Cerdedo emprazando ao PP “que nos deixou sen AVE” e ao BNG “que nunca o defendeu, que “pidan perdón á cidade porque xa hai un AVE á Coruña, Santiago e Ourense e están encantados con que vaiamos a través de Santiago”. Para esta cidade e para o goberno municipal, sinala Abel Caballero “é unha prioridade e no Pleno contaremos como foi a marxinación que nos converteu na única gran cidade de España sen tren de Alta Velocidade”.

Descargar todas as imaxes