Escoitar

Amplíase ata finais de ano o servizo nocturno de bus urbano

Abel Caballero informou esta mañá da medida, sinalando que "estamos comprobando que conta cun nivel moi importante de utilización”.

martes, 5 nov 2024

O servizo nocturno de autobús urbano “tivo case 50.000 usuarios”, dende o 14 de xuño que se implementou, sinalou Caballero quen engadiu que "estamos comprobando que conta cun nivel moi importante de utilización”, polo que se prolongara ata finais de ano.

Este servizo, cunha data inicial de finalización o 31 de agosto, xa fora ampliado de maneira extraordinaria en setembro e outubro para estudar o funcionamento das liñas máis aló da tempada estival. A excelente acollida durante estes meses motivou esta nova ampliación, o que permitirá avaliar a demanda da cidadanía ata finais de ano, reforzando así a mobilidade na cidade os venres, sábados e vésperas de festivo.

Desde o seu inicio en verán, o servizo nocturno transportou a través da liña N1, 26.106 usuarios, a N4 contou con 9.438, e a C1 nocturna transportou a 11.177 viaxeiros. Este incremento duplicou o número de usuarios respecto a períodos anteriores.

Descargar todas as imaxes