A ocupación hoteleira elevouse a case o 90% a última fin de semana de novembro
A afluencia turística na cidade volveu ser destacar a pasada fin de semana cun nivel de ocupación media dun 89%. Caballero confirmou, ademais, que o tráfico foi fluído, sen que se rexistraran problemas de mobilidade no centro da cidade.

A ocupación media hoteleira da pasada fin de semana foi do 89%, mentres que a do sábado elevouse a case un 94% o que nos sitúa a niveis de afluencia turística “certamente excepcionais”, confirmou o rexedor, quen tamén se referiu á boa marcha da mobilidade polo centro da cidade. O tráfico funcionou ben, non houbo aglomeracións, fomos ser capaces de recibir a ducias de miles de visitantes cun Vigo atractivo sen molestias para os cidadáns e cun gran tirón para a economía local”, resumiu.


