luns, 2 dec 2024
O importe alcanza os 24.821.940€ e contará cun prazo estimado de execución de 29 meses. Abel Caballero explicou que lle gustaría “que a Federación Española de Fútbol nos diga que estadio está, nestes intres, en mellores condicións que o de Vigo para ser sede do Mundial 2030”.
luns, 2 dec 2024
A afluencia turística na cidade volveu ser destacar a pasada fin de semana cun nivel de ocupación media dun 89%. Caballero confirmou, ademais, que o tráfico foi fluído, sen que se rexistraran problemas de mobilidade no centro da cidade.
luns, 2 dec 2024
A Xunta de Goberno Local deu luz verde este luns á licitación da contratación das obras de humanización desta rúa, entre Álvaro Cunqueiro e López Mora, na que se instalarán dúas ramplas mecánicas.
luns, 2 dec 2024
O alcalde anunciou este luns o acordo aprobado pola Xunta de Goberno para a contratación das obras de cubrición da pista deportiva de Zamáns, cun orzamento de 832.000 euros; e o o inminente reinicio das obras do Calexón Balado tras o acordo de modificación do proxecto de mellora que significará a transformación da praza. “Vigo progresa sen parar”, afirmou.