O alcalde celebra a posición "nítida" do Goberno de España para que o AVE a Porto funcione en 2030
O goberno de España vén de confirmar a súa vontade de que o tren de alta velocidade Vigo – Porto estea rematado en 2030. Caballero transmitiu esta mañá o seu entusiasmo con este “importantísmo” compromiso para a cidade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, trasladou este luns o seu “entusiasmo” coa “vocación e vontade” amosada polo Goberno de España para que Vigo e Porto estean unidos por alta velocidade en 2030. Trátase dunha posición “clara e nítida” e “desexo ferventemente que o Goberno de Portugal tamén traballe por ese prazo”, confirmou.
"É importantísimo para a cidade”, proseguiu Caballero. “A posición do Concello de Vigo é a posición que asume tamén o Goberno de España. Ese tren no ano 2030 é un gran logro para España, para Portugal para Vigo e para Porto”.
O rexedor reiterou o seu “entusiasmo ante o feito de que o Goberno de España asuma 2030 como obxectivo para rematar o tren de alta velocidade Vigo-Porto. Agora ten a palabra o Goberno de Portugal, rematou.