O maxistrado Julio Picatoste será o encargado de redactar o bando do Día da Constitución
O MARCO volve ser o lugar elixido para albergar a conmemoración do Día da Constitución o próximo 6 de decembro, ás 12,00h. Nesta ocasión, o responsable de redactar o bando será o maxistrado Julio Picatoste.
Vigo celebrará o Día da Constitución o 6 de decembro nun acto organizado no MARCO que comezará ás 12,00h. Segundo anunciou o rexedor, nesta ocasión será Julio César Picastoste “maxistrado de brillante carreira” será o responsable de redactar o bando. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago, é académico de número da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación. Profesor asociado da Universidade de Vigo e coordinador de múltiples obras colectivas, é membro de Xuíces pola Democracia. Será un “magnífico pregoeiro” engadiu Caballero.