A reparación do muro de contención do campo do Sárdoma elévase aos 820.000 euros
Abel Caballero deu conta esta mañá dos avances no proxecto de reparación do muro do campo do Sárdoma. Trátase dunha obra “importantísima” cun importe de 820.000 euros.
O alcalde anunciou a aprobación da reparación do muro de contención perimetral e o talude do campo de fútbol de Sárdoma-Moledo. Logo de censurar a “mala” ubicación onde foi construída no seu momento esta instalación deportiva, indicou que o importe de obra será de 820.000 euros. Executaranse traballos de reparación e estabilización do talude que salva unha altura de ata 16 metros de desnivel. “Queremos que as xogadoras e xogadores que usan o campo o poidan facer na mellor situación”, concluíu.
Cuberta pavillón vermello
O goberno local acometerá de xeito inmediato a substitución da cuberta do Pavillón Vermello do Polideportivo de As Travesas. Cun importe de 282.000 euros e un prazo de execución de catro meses, renovarse a cuberta tratando de que as obras sexan compatibles co desenvolvemento da actividade deportiva. O rexedor lembrou que esta actuación vén precedida da renovación do céspede do campo e do asfaltado da pista que o circunvala. “Seguiremos traballando polo deporte e mantendo o uso das instalacións municipais case de balde”, engadiu.