Escoitar

Bea Rey, premio Laxeiro 2025 a título póstumo

O Padroado da Fundación Laxeiro vén de acordar por unanimidade a entrega do galardón á pintora coruñesa.

xoves, 28 nov 2024
Retrato de Bea Rey
Retrato de Bea Rey

O alcalde puxo en valor a súa traxectoria de Beatriz Rey Gómez-Guitián, nacida na Coruña en 1939 e falecida recentemente. A unanimidade do Padroado da Fundación Laxeiro acordou entregarlle o premio do ano 2025 pola súa relación con Laxeiro e “pola súa propia dimensión artístico-cultural”.

Licenciada en Belas Artes pola Escola de San Fernando de Madrid, relacionouse desde moi nova con escritores e artistas de vangarda, coñecendo a Seoane, Laxeiro, Dieste ou Colmeiro.

A vertente social da súa obra fai que entre a formar parte de Estampa Popular Galega, un grupo que expón en Galicia e Montevideo. Tamén formou parte dos grupos Sisga (1975) e Porta do Sol (1989). Realizou exposicións individuais e colectivas ao longo da súa traxectoria en diferentes espazos de Galicia e España. O seu museo pode visitarse desde o ano 2019 en Sobrado dos Monxes.

Descargar todas as imaxes