O Concello aproba novas axudas para manter o patrimonio histórico da cidade
O alcalde anunciou o acordo adoptado hoxe pola Xunta de Goberno para asinar tres convenios específicos coa diocese de Tui-Vigo con axudas para manter o patrimonio histórico colectivo da cidade.

Abel Caballero explicou que o convenio coa Diocese de Tui-Vigo conleva realizar unha nova obra para recibir a visitantes na igrexa Santiago de Vigo, así como repoñer a varanda de madeira na subida á capela da Virxe do Alba, en Valladares, e para restaurar o paso de Semana Santa da Virxe dos Dolores de Teis”.
“Seguimos mantendo patrimonio cultural da cidade”, recalcou o rexedor.