O estudantado do CPR Maristas percorre as dependencias municipais no programa "Visita o teu Concello"
O alcalde saudou este xoves aos 50 alumnos de sexto de primaria do CPR Maristas o Pilar que participaron na visita guiada ás principais instalacións municipais dentro do programa didáctico "Visita o teu Concello". O Salón de Plenos onde a Corporación municipal celebra os plenos foi o escenario onde Abel Caballero trasladou ao estudantado a importancia do Concello no día a día da vida cidadá, así como na planificación de proxectos futuros que melloran a contorna urbana e a calidade de Vida. Máis de 2.500 estudantes de 50 colexios participan no programa.
