O goberno local prorroga dous meses o contrato de CEDRO e aproba outras 106 axudas de emerxencia
O goberno municipal prorrogou dous meses o contrato de CEDRO para seguir proporcionando un servizo sanitario asistencial “importantísimo” ás persoas con drogodependencias “porque non o presta a Xunta de Galicia”, segundo explicou o alcalde.
Abel Caballero incidiu este venres que o Concello de Vigo ten que atender as persoas que seguen un tratamento contra a drogadicción porque “a Xunta segue sen querer afrontar as súas propias obrigas”.
O rexedor insistiu en que a administración galega “leva anos incumprindo coas súas competencias”.
Axudas de emerxencias
A comisión de axudas de emerxencia aprobou esta semana un total de 106 apoios por un importe de 28.182 euros. Caballero explicou que do total das asistencias, 35 foron para alugueiros, por un valor de 13.801 euros, “co que evitamos 35 desafiuzamentos”, e outras 40 axudas, por 11.000 euros, foron para alimentación. Lembrou que estes soportes “son compatibles con todas as axudas de política social”.