O goberno de Vigo aproba as obras para a cubrición da pista deportiva de Zamáns por 832.000 euros
O alcalde anunciou este luns o acordo aprobado pola Xunta de Goberno para a contratación das obras de cubrición da pista deportiva de Zamáns, cun orzamento de 832.000 euros; e o o inminente reinicio das obras do Calexón Balado tras o acordo de modificación do proxecto de mellora que significará a transformación da praza. “Vigo progresa sen parar”, afirmou.
Abel Caballero explicou hoxe que as obras de cubrición da pista deportiva de Zamáns contarán cun prazo de execución de seis meses.
“Trátase de cubrir a pista deportiva no centro cultural, tan importante para que Zamáns poida practicar deporte nun espazo cuberto”, apuntou ao incidir en que a cuberta, que terá máis de 1.000 metros cadrados “dará un servizo notable a toda a parroquia”.
O alcalde indicou que o proxecto, que inclúe pavimentar de novo toda a pista, ademais de dotala con 27 metros de bancadas de formigón, iluminación con luces led e nova xardinería, ten por obxectivo achegar “un avance máis que Zamáns se merece”.
Calexón Balado
O rexedor anunciou o reinicio inmediato das obras de Calexón Balado. Explicou que o orzamento total da obra ascende a 354.000 obras, e que o modificado é de 59.000 euros. Caballero lembrou que as obras estiveron paradas por razóns arqueolóxicas e que unha vez resolvido o problema “arrincamos coa construción do conxunto do calexón.