martes, 3 dec 2024
Abel Caballero reiterou este martes aos directivos BorgWarner, durante a visita as instalacións campus de Zamáns, a vontade do Concello de continuar a cooperación coa empresa que recibiu do Goberno de España 24 millóns de euros do PERTE VEC II para desenvolver tres proxectos industriais do coche eléctrico e conectado.
martes, 3 dec 2024
“Seguimos imparables recuperando o Casco Vello” afirmou o alcalde ao dar conta da aprobación da licencia de obras de reforma do edificio que albergará catro vivendas.
martes, 3 dec 2024
O alcalde e a concelleira de Educación saudaron este martes, no salón de Plenos do Concello de Vigo, ao alumnado do CEIP A.D.R. Castelao e do CPR Maristas El Pilar que participan no programa didáctico "Visita ou teu Concello". Abel Caballero explicou aos escolares a importancia para toda a cidadanía do traballo que se desenvolve desde a institución municipal. O estudantado percorre as dependencias dos distintos servizos municipais para coñecer en primeira persoa o seu funcionamento. O programa propicia a visita ao Concello de máis de 2.500 escolares da cidade.
martes, 3 dec 2024
Vigo protagonizará o luns 9 de decembro o sorteo da ONCE. A iniciativa que difundirá a imaxe da rúa do Príncipe a través dos 5 millóns de cupóns que saen á venda foi destacada polo alcalde durante o acto de presentación da iniciativa na que participaron o responsable en Galicia da Organización Nacional de Cegos, Manuel Martínez Pan, e o director da delegación de Vigo, Roberto Gaspar. "Como está Vigo no cupón vaise vender o nunca visto", chanceou Abel Caballero.