Escoitar

O Concello autoriza a reforma dun edificio na Praza do Peñasco

“Seguimos imparables recuperando o Casco Vello” afirmou o alcalde ao dar conta da aprobación da licencia de obras de reforma do edificio que albergará catro vivendas.

martes, 3 dec 2024
Imaxe de arquivo da Praza Peñasco
Imaxe de arquivo da Praza Peñasco

A Xerencia de Urbanismo vén de aprobar a licenza de obras de reforma dun edificio situado en Praza Peñasco número 3, que ten unha superficie de 306 metros cadrados, composto de semisoto, planta baixa, dúas plantas e baixo cuberta para catro vivendas.

Tal e como explicou Caballero, o inmoble está incluído no ámbito do Plan Especial de Protección e reforma interior PEPRI do Casco Vello en solo urbano consolidado e recibiu de forma simultánea a urbanización e a construción. “Seguimos imparables recuperando el Casco Vello”, sinalou.

Previamente, a propiedade realizou sondaxes arqueolóxicas que determinaron que non era necesaria ningunha actuación a maiores sobre as obras de rehabilitación do edificio. Con todo, deben conservar “o respecto á tradición coa rehabilitación” conservando as fachadas de pedra, varandas e carpinterías de madeira e deben suprimirse as persianas e carpinterías de aluminio exteriores por outras de madeira semellantes ás orixinais.

Descargar todas as imaxes