Escoitar

Abel Caballero: “Vigo 3D é un dos maiores proxectos de representación virtual desenvolvido nunha cidade española”

O alcalde presentou esta mañá o proxecto, unha representación virtual con máis de 25 visores interactivos que permiten navegar en 3D pola cidade.

venres, 17 feb 2023

O alcalde presentou esta mañá o proxecto Vigo en 3D, unha representación virtual que contén visores interactivos agrupados en 7 temáticas: ‘Vigo futuro 3D´, que conta con simulacións futuras e onde se poderán ver proxectos como o Halo; `Analíticas 3D´, permite plasmar estudos analíticos avanzados como zonas de calor, zonas de sombra e zonas inundables; `Reconstrucións de cidade’, que permite realizar unha visita virtual ao Vigo do século XIX ou á fortaleza de O Castro; `Nubes de puntos e imaxes 360º’, na que podemos ver a cartografía municipal actualizada e máis de 70.000 imaxes; `Información de edificios’, mostra información catastral de forma máis visual, xerando clasificacións de edificios por ano de construción, superficies comerciais, entre outras; `Distribución de poboación’, con mapas de densidade poboacional por edificios, distritos e seccións e idades e finalmente, `Mapas 3D de servizos’, coa inclusión de mapas de tráfico, turismo ou transporte público.

Como sinalou Caballero, “é un proxecto pertencente ao Vigo Vertical financiado con fondos DUSI”. Todos os datos dos mapas serán accesibles en internet a través de mapas.vigo.org e datos.vigo.org, publicados en aberto para o seu uso pola cidadanía, empresas ou investigadores.

Trátase dunha ferramenta clave para as smart cities, logrando obxectivos como: acelerar a innovación, fomentar a colaboración e reducir os tempos e custos de proxectos; axudar na planificación estratéxica e urbanística da cidade do presente e futuro; mellora continua da seguridade e resiliencia mediante simulacións e análises; reforzar a sustentabilidade da cidade mediante analíticas avanzadas, así como servir como novas plataformas de difusión e demostración da cidade cara á cidadanía potenciando o patrimonio, o medio ambiente e o turismo.

Descargar todas as imaxes

Máis información