Caballero louva á empresa galega no foro económico organizado por Faro de Vigo
Abel Caballero participou no Foro “Os desafíos da economía galega para o trienio 2023-2025”, organizado por Faro de Vigo este xoves na Sede Afundación Vigo. O alcalde puxo de manifesto o valor da empresa: "É moi difícil facer unha empresa e levala adiante, competindo, e na competencia está o progreso e iso en Vigo entendémolo". Caballero tamén defendeu ante o tecido empresarial galego acabar coa inflación: "Neste xogo de grandes magnitudes hai que entender o momento tan difícil no que estamos". "A inflación é un horror, que rompe as regras do xogo, e fai sufrir".


