Escoitar

O Concello avanza na obra da Praza Elíptica coa instalacións das pérgolas

O alcalde deu conta da instalación da pérgola máis pequena, practicamente instalada, e que se están a recibir as pezas para a máis grande: “Unha gran praza cidadá con máis espazo peonil e para a cultura”.

mércores, 15 feb 2023

A obra da Praza Francisco Fernández del Riego segue coa instalacións das pérgolas, unha xa practicamente rematada e a outra, a máis grande, a espera da chegada dalgunhas pezas. Ámbalas dúas incorporan un número significativo de paneis solares para dotar de enerxía ás instalacións proxectadas e á iluminación da praza. Amais, instalarase novo mobiliario urbano, renovarase o pavimento, as redes de saneamento e abastecemento de auga, luz, electricidade, comunicacións e gas.

O Concello inviste 2,3 millóns de euros na renovación deste espazo na que medra nun 30% o espazo peonil: “Unha gran praza cidadá con máis espazo para as persoas e a cultura”, declarou Abel Caballero.

Descargar todas as imaxes