martes, 14 febreiro 2023

Vigo iluminará mañá de azul a pérgola de Praza América con motivo do Día de Internacional do Síndrome de Angelman

martes, 14 feb 2023

O rexedor sinalou que é unha solicitude da asociación “La ilusión de Elisabeth”, para axudar a visualización da enfermidade no seu día, 15 de febreiro. O Concello tamén iluminará de amarelo as fontes da rúa Aragón, como solicitou "Bicos de Papel" para conmemorar o 15 de febreiro, o Día Internacional do Neno con Cáncer; adicionalmente reproducirase un vídeo na pantalla da fonte de Rosalía de Castro.