venres, 17 febreiro 2023

A grada de Marcador ultima a estrutura da cuberta

venres, 17 feb 2023

Abel Caballero visitou as obras da grada de Marcador do Estadio Municipal de Balaídos. A nova grada avanza segundo as previsións do Concello e xa está a levantar a sexta estrutura, a penúltima, co obxectivo de ter rematado no mes de marzo a cuberta exterior. O alcalde dixo tamén en rolda de prensa que xa fixeron as probas dos asentos e avanzou que na semana do 27 de febreiro a estrutura estará completada. O Concello e a Deputación de Pontevedra invisten 18 millóns de euros na grada de Marcador.

O rexedor pon en valor o papel de Mindtech no avance das tecnoloxías na industria

venres, 17 feb 2023

Durante a súa intervención, Abel Caballero, quixo sinalar que "en Vigo estamos orgullosísimos de vós e do voso traballo" xa que "somos a cidade da economía, e aquí teredes, no alcalde, un defensor do voso traballo, da vosa acción, do voso valor". Tamén destacou a importancia da tecnoloxía e a industria da distribución na saída da crise e o seu desenvolvemento a través dos fondos europeos.

O alcalde achégase ao Entroido do CEIP Virxe do Rocío

venres, 17 feb 2023

Abel Caballero visitou este venres as instalacións do centro educativo, situado en Coia, onde coñeceu de primeira man os disfraces que o alumnado e o profesorado do centro preparou para celebrar o Entroido. O rexedor valorou a creatividade da comunidade educativa e a ilusión das nenas e nenos por participar nesta festa.