Escoitar

A entronización do Meco e o concerto de Tanxugueiras abren o Entroido vigués

O alcalde lembra que mañá venres comeza en Vigo a programación municipal para festexar o Entroido, que se desenvolve entre o venres 17 e o mércores 22 de febreiro. A música de Tanxugueiras encherá a Porta do Sol a partir das 20,30 h.

xoves, 16 feb 2023

O programa previsto polo goberno municipal comeza mañá venres 17 de febreiro coa a entronización do Meco, ás 20 horas da tarde. Este evento contará cun pasarrúas previo polo entorno de Príncipe e Policarpo Sanz. A praza da Porta do Sol, acollerá ás 20:30h o concerto de Tanxugueiras.

O sábado 18, ás 17 horas, a rúa do Príncipe acollerá un pasarrúas. Posteriormente ás 18:00h comeza o desfile de comparsas e carrozas que parte dende García Barbón, recorrendo esta rúa e Policarpo Sanz, ata o seu remate no cruzamento coa rúa Reconquista. Ao día seguinte, domingo 19, como novidade, o Concello recupera a San Silvestre que non se puido realizar no Nadal, partindo da Porta do Sol ás 11:00h. Dende as 17 horas, desenvolveranse actuacións infantís; pasarrúas e unha chocolatada no entorno de Príncipe. O luns 20 tamén se celebrarán obradoiros infantís e pasarrúas entre as 17 e as 20 horas do serán.

Para o martes 21 de marzo, o Concello convoca o concurso de disfraces con modalidade infantil e de adulto dende as 17:30 horas da tarde. Ás 20 horas dará comezo a actuación da orquestra “La Travesía” en Porta do Sol e ás 20:45 h chegará a queima do Meco en Policarpo Sanz. O Entroido chega ao seu fin o mércores 22 de marzo ás 18 horas coas exequias funerarias, o desfile e acompañamento das comparsas á comitiva fúnebre pola zona centro da cidade e co enterro do Meco en Policarpo Sanz. Ao termo, ás 19:30h darase lectura á acta do xurado dos concursos de entroido.

Descargar todas as imaxes