A rampla mecánica de Carral estará operativa antes do mes de xuño
O alcalde informou este mércores da evolución dos traballos de remate das obras de humanización da Porta do Sol onde o goberno municipal ultima tamén o centro de servizos sociais da Praza da Princesa.

Abel Caballero avanzou que os traballos de instalación da rampla mecánica da rúa Carral están avanzados polo que a previsión é que estea operativa no mes de xuño “pero trataremos de acelerar para tela o antes posible”.
Será un dos elementos que conformen a nova gran praza de Vigo, a nova Porta do Sol, que será un espazo aberto á cidadanía logo da súa humanización.
Na contorna, en concreto na Praza da Princesa, o Concello vén de repoñer estes días as catro árbores retiradas por mor da realización das obras da Porta do Sol, polo que se recupera a vexetación previa á humanización. Ademais, está rematando xa as obras do novo centro municipal de servizos sociais en Praza da Princesa, onde o persoal municipal atender a máis xente. “Estamos facendo unha nova cidade de Vigo”.


