xoves, 16 febreiro 2023

Caballero louva á empresa galega no foro económico organizado por Faro de Vigo

xoves, 16 feb 2023

Abel Caballero participou no Foro “Os desafíos da economía galega para o trienio 2023-2025”, organizado por Faro de Vigo este xoves na Sede Afundación Vigo. O alcalde puxo de manifesto o valor da empresa: "É moi difícil facer unha empresa e levala adiante, competindo, e na competencia está o progreso e iso en Vigo entendémolo". Caballero tamén defendeu ante o tecido empresarial galego acabar coa inflación: "Neste xogo de grandes magnitudes hai que entender o momento tan difícil no que estamos". "A inflación é un horror, que rompe as regras do xogo, e fai sufrir".

O alcalde asiste á inauguración dun novo Eroski Center en Portanet

xoves, 16 feb 2023

Abel Caballero achegouse esta mañá á inauguración dun novo Eroski Center na rúa Portanet que conta cun cadro de persoal de 54 profesionais e dispón de máis de 2.160 m2. En declaracións durante a visita ás instalacións, o alcalde felicitou á compañía galega de distribución alimentaria pola apertura deste novo supermercado, destacando que servirá para dinamizar a zona e xerar emprego.