O Nadal impulsou as afiliacións á Seguridade Social a cifras históricas en decembro de 2022
A hostalería e o comercio local foron os sectores nos que máis creceu o emprego durante o pasado mes de decembro. Un informe do Instituto Galego de Estatística revela que as afiliacións á Seguridade Social, con 108.577 inscricións, rexistraron un récord histórico.
Segundo o Instituto Galego de Estatística, o pasado mes de decembro as afiliacións á Seguridade Social rexistraron un récord histórico. Este incremento é consecuencia da campaña de Nada que impulsou, por tanto, un récord de emprego na cidade de Vigo, con 1.200 afiliacións máis que o ano pasado.
Co Nadal, abundou o rexedor, conseguimos desestacionalizar o turismo e incrementar a xeración de postos de traballo nos meses de inverno chegando a alcanzar case as mesmas cifras que no verán. Hai hoteis cun 65% de ocupación en xaneiro e febreiro, cando antes estarían valeiros nestas datas. Por sectores, os que máis traballo xeraron foron a hostalaría e o comercio local.
Tal e como reflicte o informe, en decembro de 2022 rexistráronse 108.577 afiliacións á Seguridade Social, mentres que no ano anterior esta cifra estaba en 107.377. En novembro de 2022 o dato foi de 109.387 e no mes de xuño, de 109.125.