O rexedor felicita a Alborada ao recibir a Cruz Branca da Orde ao Mérito do Plan Nacional sobre drogas
Esta mañá Abel Caballero visitou o centro da Asociación Cidadá de Loita fronte a Droga Alborada.

Abel Caballero realizou unha felicitación pública a Alborada na rolda de prensa matinal, xa que esta asociación ben de recibir a Cruz Branca da Orde ao Mérito do Plan Nacional sobre drogas. O alcalde quixo remarcar a cooperación que realiza o Concello de Vigo, “con 57.000€ anuais para a prevención de drogas na infancia e para a horta terapéutica”.


