O alcalde achégase as actividade do “Día da muller e da nena na ciencia” no Verbum
Trátase dunha actividade na que participan 160 nenos y nenas da cidade. O rexedor faloulles do exemplo de Begoña Vila, viguesa distinguida que traballa na NASA.

Abel Caballero explicou que esta mañá se achegou ata o Verbum, con motivo do “Día da muller e da nena na ciencia”. Durante a mañá estanse realizando varias actividades co obxectivo de achegar ás máis pequenas ao ámbito científico e tecnolóxico.
Os obradoiros organizaranse a través de pequenos grupos, realizando diferentes actividades. A esta xornada acudirá o alumnado de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º da ESO, chegando a un total de160 os estudantes participantes neste programa formativo.
A primeira das accións foi un relatorio show científico baixo o título “Nina hoxe é científica”, na que levou a cabo varias experiencias científicas espectaculares; estivo a cargo de Iria Ollero, que ten un premio extraordinario de enxeñería biomédica ao expediente académico da sua promoción. Ademais, durante o relatorio incorporaronse estratexias para alentar ás nenas a tomarlle o gusto á ciencia e á tecnoloxía.



