O alcalde anunciou a renovación da flota de Vitrasa
Son 29 autobuses que entrarán en funcionamento nas vindeiras semanas, dos que 22 son 100% híbridos con motor eléctrico o que permite a redución das emisións contaminantes nun 50%. Caballero destacou que “a idade media dos buses urbanos de Vigo, situase en 6,8 anos, unha das máis baixas de España”.
Os 29 autobuses novos contan con sistema “Start and Stop” e entre as melloras para usuarios e condutores están as cámaras de visión externa, sistema de videovixilancia e cargadores USB. Ademáis, catro deles teñen zona de maleteiro e estarán destinados principalmente para realizar as viaxes na liña A ao aeroporto da cidade.
Os novos autobuses teñen capacidade para un total de 102 pasaxeiros e 154 no caso dos buses articulados, comunmente coñecidos como “oruga”. Do total, 22 teñen unha lonxitude de 12 metros, 6 deles de 18 metros e 1 de 10 metros. Abel Caballero sinalou que “estes novos buses circularán principalmente nas liñas C1, unha das que rexistran maior afluencia de viaxeiros, L4, L5 e a liña A”.