O alcalde recibe a alumnado do Colexio Eleven School de Matamá
O grupo de estudantes de Primaria do centro Eleven School presentáronlle ao rexedor unha proposta para a remodelación da Panificadora que inclúa skate e deporte urbano entre a súa oferta de ocio. Abel Caballero avanzoulles que no proxecto de rehabilitación no que traballa o Concello contémplase a disposición de salas para a mocidade, o deporte e as disciplinas deportivas urbanas e instounos a artellar novas propostas relacionadas co financiamento da actuación, polo que quedaron emprazados a un novo encontro.
