O alcalde recibe á embaixadora de Polonia en Madrid
Abel Caballero recibiu na Alcaldía á embaixadora de Polonia en Madrid, Anna Sroka, que visita hoxe a cidade de Vigo. O rexedor explicoulle a historia de Vigo, que pode observarse desde o seu despacho, con aspectos relevantes como a evolución do Casco Vello, a Panificadora e as Illas Cíes. Ambos os mandatarios mantiveron unha xuntanza cordial na que abordaron temas de interese social e económico tanto para Polonia como para la sociedade viguesa e as persoas de Polonia que residen en Vigo, onde o país ten un Consulado Honorario.
