Escoitar

Caballero: “O Goberno de España concédelle a Vigo todo o que pedimos”

O alcalde pon de manifesto que o Goberno de España concedeu a Vigo millóns de euros en fondos europeos Next Generation EU mentres que a Xunta de Galicia transferiu 0 euros. Caballero tamén puxo de manifesto os avances en materia ferroviaria ca LAV Vigo-Ourense por Cerdedo, a saída sur e a autovía en túnel ata O Porriño, así como a colaboración tamén do Goberno de España nos problemas da seca na cidade.

venres, 10 feb 2023

Abel Caballero lamentou en rolda de prensa a falla de investimentos por parte da Xunta de Galicia en Vigo mentres que existe unha cooperación para o avance da cidade co Goberno de España.

Deste xeito, o rexedor comezou por numerar os avances en materia ferroviaria, co desbloqueo da liña de alta velocidade Vigo-Ourense por Cerdedo que permitirá aforrar media hora no traxecto a Madrid: “Xa está o estudo hidroxeolóxico na Confederación Hidrográfica Miño-Sil para a súa avaliación e sabemos que terá luz verde. O PP cando Ana Pastor era ministra gardoullo nun caixón”.

Tamén puxo de manifesto o avance na saída sur ferroviaria para a alta velocidade entre Vigo e Porto “que xa está en licitación o Estudo Informativo”. En canto a autovía en túnel ata O Porriño para ter una vía directa con Madrid, Caballero lembrou que Núñez Feijóo rexeitou a proposta “para aforrar 350 millóns e deixar a Vigo sen autovía”, tal e como dixo o expresidente da Xunta nunha comparecencia posterior á xuntanza coa ministra de Transportes, Raquel Sánchez.

“Solicite cooperación para o abastecemento e saneamento de Vigo, o problema da seca. Fixemos un estudo co Goberno de España e a Xunta de Galicia. Quen di agora que non? A Xunta”, reprochou en rolda de prensa.

Fondos europeos Next Generation EU e inversións

Caballero lembrou que o Goberno de España está a financiar proxectos que o Concello presenta a convocatorias do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliciencia mentres que a Xunta adica 0 euros a Vigo.

O alcalde tamén cifrou en “máis de 300 millóns” a inversión que debería facer a Xunta este ano en Vigo “e adican unha cifra insignificante”, concluíu.

Descargar todas as imaxes