O Concello ten en marcha proxectos de pavimentación por importe de 3,3 millóns
Vigo ten en marcha obras de pavimentación por importe de 3,3 millóns por toda a cidade. Entre outras, na Xunta de Goberno desta mañá de venres, deuse luz verde a 5 actuacións por valor de case 2 millóns.
O alcalde deu conta esta mañá da aprobación de proxectos de pavimentación por valor de case 2 millóns de euros. Concretamente, la Xunta de Goberno adxudicáronse as obras da avenida Fragoso (525.000 euros); avenida Atlántida (298.000 euros) – a continuación seguirase coa humanización da rúa, segundo explicou o rexedor; Padre Seixas e Porriño (330.000 euros) -nesta última rúa xa se cambiaron o alumeado e os semáforos e agora adecuaranse os sistema de drenaxe para rematar a continuación a humanización. Nesta mesma Xunta de Goberno tamén recibiu luz verde a licitación dos proxectos da rúa Coruña (514.000 euros) e Marqués de Valladares (214.000 euros).
En total, aclarou, o Concello está tramitar obras de pavimentación por importe de 3,3 millóns, entre as que tamén se atopan as rúas Carmen e Cesáreo González e Nigrán, a punto de adxudicarse.De feito, xa se está iniciando licitación de outras 18 rúas do rural cun orzamento de 1,2 millóns de euros. Rúas Penís (Cabral); Párroco Don Serafín (Teis); Cantabria (Teis); Fonte Escura (Lavadores); Camiño Sabaxans (Lavadores); Camiño Sampaio de Abaixo (Sampaio); Parrocha (Bembrive); Camiño Besada (Candeán); rúa de Vista do Mar (San Xoán); Camiño Pousa (Castrelos); Camiño Couto (Beade); Camiño Rioboo (Salgueira); Baixada Salgueira (Salgueira); Fuchiños (Oia); Estrada José Rivas (Coruxo); Camiño Caringosta (Alcabre); rúa San Paio (Navia) e Camiño San Xurxo (Saiáns). Todas estas actuacións estarán rematadas en xuño.
Cubrición Tranvía
O goberno local tamén adxudicou as de cubrición do tranvía da Praza do Emigrante por importe de 187.511,97 euros. O obxectivo é protexer un tributo á historia do transporte na cidade, explicou o rexedor.
Por último, a Xunta de Goberno tamén culminou a tramitación das obras de reparación do edificio do parque central de Lavadores, cun orzamento de 470.507,59 euros.