Caballero critica a xestión deficiente na sanidade de Vigo
Abel Caballero sumouse á manifestación convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública que tivo lugar este domingo en Santiago para defender a calidade dos servizos asistencias en Vigo.
O alcalde participou na manifestación da plataforma SOS Sanidade Pública para defender unha boa xestión dos servizos asistencias na cidade de Vigo. Para Abel Caballero a sanidade en Vigo “está nun estado deficiente e con carencias que precisa a actuación da Xunta”
Entre as demandas está a mellora da atención primaria e o reforzo do persoal, que louvou na valoración en rolda de prensa: “Por moitos inmensos esforzos que fagan e traballen sen fin, non é posibles cos efectivos que teñen”.
Caballero reprochou que “co Cunqueiro dixeron que rematarías as listas de espera, e agora son maiores. Non o fixeron ben, o están a facer mal”. Tamén puxo de manifesto que en 2009 o goberno de Touriño tiña programados 5 novos centros de saúde en Vigo, e ata agora cos mandatos de Feijóo e Rueda, “só fixeron un moi pequeno en Bouzas cun médico e anuncian outro, aínda sen obra”.
O alcalde tamén lamentou os copagos do Hospital Álvaro Cunqueiro, como o aparcamento: “Nos queremos facer outro gratuíto, pero a Xunta defende os intereses da concesionaria que é un fondo voitre francés, en lugar de defender á cidadanía que vai coidar e visitar a pacientes enfermos e non poden pagar cada día 10 ou 15 euros por aparcar o coche”.
Para Caballero Feijóo foi un “pésimo” xestor da sanidade en Vigo: “Lembre cando dixo que “un político é un cidadán que cobra dos impostos dos españois e cando di que inaugura un hospital a preguntar que hai que facerlle é: “Déixao a deber ou pagado?” Pois o Álvaro Cunqueiro deixouno a deber”, sentenciou.