Escoitar

O alcalde pon en valor a innovación empresarial como resposta ás necesidades cidadás

Vigo acolle este xoves e venres o Startup Congress Galicia, o maior evento de inversión na comunidade, que reúne de forma telemática e presencial - na sede de Zona Franca - a dúas mil persoas interesadas en novos proxectos.

xoves, 31 mar 2022
O alcalde xunto a David Regades e os organizadores do congreso, Frankie Gómez e Lalo García
O alcalde xunto a David Regades e os organizadores do congreso, Frankie Gómez e Lalo García

Na apertura do encontro, Abel Caballero referiuse a Vigo como “cidade da economía” cun contexto de innovación que permite adiantarse con proxectos “enganchar necesidades e darlles resposta é unha cultura profunda de grande valor”, sinalou. “A clave son as ideas e o liderado para levalas adiante”, dixo, e animou ás startups a “continuar o camiño e perseverar, porque aí está a clave do éxito”.

Xunto a Lalo García e Frankie Gómez, co-organizadores do encontro, participou na inauguración das xornadas, David Regades, delegado de Zona Franca, que asegurou que “o apoio aos emprendedores está no noso ADN porque elas e eles son o inicio de grandes proxectos, de tecido empresarial e de economía. De todo iso en Vigo sabemos un pouco”.

Startup Congress Galicia é o maior evento na comunidade que reúne proxectos innovadores. Acolle durante dous días a todas as aceleradoras galegas e a máis de 50 fondos de investimento, cun amplo programa de charlas e mesas redondas, varias salas simultáneas con relatorios, mesas de debate e presentacións a investidores.

As actividades comezaron hoxe xoves 31 con varias mesas onde se vai a analizar o futuro da industria, do retail, do deporte, a innovación, a banca, a saúde, a loxística e a enerxía. Alí debaterase entre actores de cada sector e entre os relatores estarán empresas como Estrella Galicia, Zelnova Zeltia, Selmark, Abanca, Altia, Marsan, Kaleido ou Reganosa, así como os clubs Celta, Obradoiro e Deportivo.

O alcalde xunto a David Regades e os organizadores do congreso, Frankie Gómez e Lalo García
Descargar todas as imaxes