Escoitar

Unanimidade na aprobación definitiva da ordenanza do Taxi

Todos os Grupos aprobaron de xeito definitivo o regulamento do Servizo do Taxi no que participaron as asociacións da cidade.

mércores, 30 mar 2022
O edil Javier Pardo no Pleno explicando as modificacións á Ordenanza do Taxi
O edil Javier Pardo no Pleno explicando as modificacións á Ordenanza do Taxi

O Pleno da Corporación Municipal deu luz verde á Ordenanza Reguladora do Uso do Taxi cos votos favorables de todos os Grupos. O edil responsable, Javier Pardo, explicou as “pequenas modificacións” do texto final que sumou as alegacións das asociacións que alegaron logo da aprobación inicial.

Deste xeito, Pardo explicou que “as modificacións non afectan ao espírito da ordenanza”. Varían aspectos como que a contratación so servizo poda facerse tamén de xeito telefónico e non só telemáticamente. En canto ao taxi compartido, haberá recibos para todos os solicitantes do servizo e non un só. Ademais, Pardo explicou que en canto ao IPC, acordouse aplicalo acorde aos gastos: “É un sector que sufriu moito coa pandemia e coa subida dos custos”, argumentou.

Os grupos da oposición celebraron o acordo. O concelleiro non adscrito louvou a participación do sector, aínda que votou en falta a Consello Sectorial do Transporte; o Grupo Mixto quixo poñer de manifesto a importancia de que os VTC aínda non chegaran á cidade. Pola súa banda, os populares amosaron a súa conformidade.

Pardo agradeceu o traballo das asociacións e afirmou no Pleno que o sector de taxi está a louvar o traballo do goberno local: “A repercusión económica na cidade, coa acción do alcalde de poñer a Vigo no mapa, os taxis nótano”, concluíu.

Convenio coa Academia Galega de Seguridade

Tamén o Pleno aprobou por unanimidade a sinatura dun convenio de colaboración coa Academia Galega de Seguridade Pública para a selección de persoal da Policía local do Concello.

A edil de Contratación, Patrícia Rodríguez, afirmou que a medida “ten en conta a eficiencia e simplificación administrativa” e confirmou o compromiso da Academia, na sinatura do convenio, coa oferta de 2020 e 2021 nas prazas de Policía Local.

Descargar todas as imaxes