Escoitar

Caballero celebra o Día Mundial do Teatro co alumnado da ESAD

Este domingo, 27 de marzo, celébrase o Día Mundial do Teatro e, coincidindo con esta data, o alcalde realizou unha visita ás instalacións da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, asinando no libro do centro acompañado do seu director Roberto Relova. No saúdo ao alumnado e profesorado do centro, Caballero destacou a importancia do teatro, en particular, e da cultura en xeral para o desenvolvemento das persoas e da sociedade, poñendo en valor a labor formativa da ESAD neste eido.

venres, 25 mar 2022
O rexedor durante a súa intervención na ESAD
O rexedor durante a súa intervención na ESAD
O rexedor durante a súa intervención na ESAD
Descargar todas as imaxes