Escoitar

O TerraCeo avanza máis presenza internacional e galega na III edición

Anni B Sweet, Digitalism Dj Set + Mwëslee, Hens, Taburete, Ladilla Rusa, Xisco Feijóo, A banda da loba, Ángel Stanich, Soleá Morente, Berto + Familia Caamagno, Lila Downs, Ortiga + Grande Amore e Delafé y las flores azules conforman o primeiro avance do cartel ao que se sumarán moitos nomes máis. As entradas xa están á venda a través de https://www.teuticket.com, contando as 100 primeiras de cada concerto, cun 25% de desconto.

venres, 25 mar 2022
Abel Caballero e Iñaki Teixeira, responsable da programación do Auditorio Mar de Vigo
Abel Caballero e Iñaki Teixeira, responsable da programación do Auditorio Mar de Vigo

O Festival TerraCeo, emblema da programación musical da cidade de Vigo, presentou hoxe a súa terceira edición na espectacular terraza do Auditorio Mar de Vigo, lugar onde teñen lugar as actuacións deste festival.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou hoxe os 22 primeiros nomes desta terceira edición, que arrincará o 6 de maio con Anni B Sweet e terá entre os seus primeiros nomes, a artistas destacados como a mexicana Lila Downs, Soleá Morente, unha das artistas máis potentes do flamenco e pop rock a nivel estatal, os alemáns Digitalism Dj Set, Taburete, Xisco Feijóo, Hens, Ángel Stanich, o novo proxecto de Berto, que actuará xunto a Familia Caamagno ou a única data en Galicia da Xira 20 aniversario de Delafé y las flores azules.

Cos primeiros artistas confirmados, aos que se sumarán moitos máis nas vindeiras semanas, o festival marca o criterio das novidades nas liñas de programación desta nova edición: maior presenza de artistas internacionais, máis presenza de artistas femininas e aumento no número de bandas e artistas galegos. Toda esta idea de programación evolucionará, tendo en conta tamén a presenza de numerosos artistas locais, seguindo a esencia de TerraCeo de combinar nomes consagrados con artistas máis novos. Entre as artistas viguesas que se deron a coñecer neste primeiro avance están Law, Babykatze, Carla Lourdes, As Fillas de Cassandra ou dani, unha das artistas revelación do último ano.

TerraCeo chega a esta terceira edición buscando a consolidación como evento musical de referencia no Noroeste da Península e continuando a tradición e Vigo como gran epicentro musical. Concebido durante a pandemia, como un evento ó aire libre cunha programación musical continuada entre finais de primavera e durante o verán, TerraCeo foi o evento revelación en Galicia nas dúas anteriores edicións. O festival acadou unha gran asistencia de público e grandes cotas de popularidade, ademáis de funcionar como motor de reactivación da industria musical durante os dous anos duros de pandemia.

A receta do seu éxito son as actuacións na gran terraza a altura, no momento do solpor, mentres o sol cae sobre a Ría de Vigo e as Illas Cíes. A gran popularidade do festival está avalada polo éxito de público dos dous anos precedentes. En 2020, na primeira edición, pasaron 14.000 espectadores polas trinta actuacións musicais que tiveron lugar. E en 2021, correuse a voz da maxia deste espacio e foron 24.000 as que asistiron aos 54 concertos programados, por onde pasaron artistas como Sidonie, Nada Surf, La Bien Querida, Baiuca, Love of Lesbian ou Tanxugueiras e Kiko Veneno, combinado con músicas urbanas como Funzo & Baby Loud ou R de Rumba + Sho Hi.

Nestes increíbles solpores sobre a Ría de Vigo, actuarán este ano artistas como Anni B Sweet, que estará presentando, ‘Universo por estrenar’, un traballo o máis parecido a un periplo emocional entre o espazo exterior e o seu espazo interior. Cun ollo posto nas estrelas e outro na súa galaxia máis íntima. A mexicana Lila Downs, unha das voces máis poderosas e singulares que existen hoxe en día, con letras que a menudo arcan relatos enfocados desde a inxusticia social, ata as historias suprimidas de Latinoamérica de mulleres de orixes indíxenas e traballadoras. Ou Delafé y las flores azules, que regresan este ano cunha xira 20 aniversario acompañados pola formación de músicos cos que presentaron Las Trompetas de la Muerte, a sección de ventos , guitarrista y baterista. Unha boa ocasión para volver escoitar en directo temas como ‘Mar el poder del mar’, ‘Enero en la playa’ o ‘El indio’. Será a única data en Galicia.

Falar de Soleá Morente é falar dunha das familias máis importantes a nivel cultural neste país, e non nos equivocamos se dicimos que ela é a máis versátil, a máis camaleónica, a máis rompedora. Digitalismé un dúo alemán de música electrónica que é ao mesmo tempo un dos proxectos máis divertidos e imaxinativos, serios e extáticos. Incluso haberá oco para gozar da nova etapa de Ángel Stanich, quen tras 3 anos de ausencia regresa con dous traballos discográficos nun ano, o EP ‘Unha visión global bastante aproximada’ e o seu novo álbum ‘Polvo de Battiato’. O programa completo con todas as datas dos espectáculos, prezos e descontos pode consultarse na web do Auditorio Mar de Vigo e na billetera www.teuticket.com 

Datas do primeiros avance artístico:

Maio:

6 de maio - Anni B Sweet + Law

7 de maio - Digitalism Dj Set + Mwëslee

13 de maio - Hens + Babykatze

14 de maio - Taburete + Carla Lourdes

28 de maio - Ladilla Rusa

Xuño:

3 de xuño - Xisco Feijóo

4 de xuño - A banda da loba + As fillas de Cassandra

18 de xuño - Ángel Stanich + Soa

Xullo:

1 de xullo - Soleá Morente + dani

2 de xullo - Berto + Familia Caamagno

9 de xullo - Lila Downs + Sés

30 de xullo - Ortiga + Grande Amore

Agosto:

27 de agosto - Delafé y las flores azules

Descargar todas as imaxes