Escoitar

O Concello xa prepara o orzamento cara ao 2023

Caballero asegurou ser “unha administración seria que fai as cousas en tempo e forma”.

xoves, 31 mar 2022

O goberno local comeza hoxe a traballar no orzamento municipal cara ao 2023. Así anunciouno o primeiro edil en rolda de prensa na que subliñou que “o Concello é unha administración seria, que fai as cousas en tempo e forma”.

Abel Caballero adiantou que as novas contas “seguirán a ser dinamizadoras da economía” e augurou unha suba do orzamento, en comparación co actual exercicio. “Coñeceremos a cifra exacta en agosto ou setembro. Planificamos que o nivel de saída base será superior cos remanentes, fondos da Deputación, fondos do Goberno de España e fondos europeos”, afirmou.

O alcalde manifestou que o goberno local “está a facer un uso eficiente dos recursos” e comprometeu seguir apoiando sectores económicos como o automóbil, o naval e máis políticas que melloren o turismo e sector servizos: “Vigo é agora unha cidade receptora de forma masiva de visitantes.” Caballero tamén referiuse á política social como “a máis importante en canto ao número de habitantes”.

Descargar todas as imaxes