A nova directiva do Vigo Rugby expuxo ao alcalde os plans deportivos e sociais do club
Abel Caballero recibiu este xoves na Alcaldía aos novos responsables da entidade, encabezados por Xoán Martínez como presidente. A nova Xunta Directiva do club presentouse ao alcalde e as partes pasaron revisión á actividade presente e futura do Vigo Rugby e á colaboración prestada polo Concello.
