martes, 17 feb 2015
Caballero avanzou este martes, durante unha visita aos traballos de reforma, que a humanización en marcha en Rosalía de Castro concluirá en "maio ou xuño". Cun investimento de 2 millóns de euros, o vial mellorará o tráfico con dúas novas rotondas nos cruces con Oporto e Canceleiro, renovará case 2,5 quilómetros de canalizacións e sumará novo arborado e xardineiras.
xoves, 12 feb 2015
Abel Caballero avanzou este xoves que o comezo dos traballos de reforma de Aragón (entre Padre Celso e a Travesía de Vigo) e das primeiras fases das rúas Gerona e Gregorio Espino terá lugar a próxima semana. O alcalde informou ademais da próxima instalación de máis elementos en parques infantís e biosaudables.
martes, 10 feb 2015
As obras de mellora de Doctor Canoa, cun orzamento de preto de 250.000, estarán rematadas nun prazo de 4 meses. Segundo explicou esta mañá o rexedor nunha visita a estes traballos, na actualidade hai máis de 80 humanizacións en marcha por toda a cidade.
venres, 6 feb 2015
O alcalde visitou este venres a rúa Brasil, que finalizou recentemente a súa humanización cun investimento total de 2 millóns de euros a cargo do Concello de Vigo. O goberno da cidade, explicou Caballero, ultima a tramitación administrativa para comezar "a próxima semana" os traballos de mellora de María Berdiales, Gregorio Espino, Gerona e a terceira fase da rúa Aragón.
luns, 2 feb 2015
O alcalde, xunto a varios integrantes do seu goberno, visitou este luns o Parque Central, onde o artista Nelson Villalobos traballa no gran mural que o Concello instalará na futura praza de Martínez Garrido, situada entre os camiños de Medeiro e Sobreiro. Ademais, Caballero revelou que o novo espazo homenaxeará cun busto ao rexedor que da nome á Avenida, fusilado en 1936 polo franquismo.
mércores, 28 xan 2015
Abel Caballero informou este mércores da aprobación en Xunta de Goberno Local dos plans de seguridade e saúde dos traballos de humanización de María Berdiales, Pazos Entronque, Juan Ramón Jiménez (entre Camelias e Menéndez Pelayo) e Hispanidade (entre Gran Vía e Zamora). O Concello inviste nestas melloras 1.174.000 euros.
xoves, 22 xan 2015
Anuncióuno o alcalde nunha visita hoxe xoves ao comezo dos traballos de reforma da Avenida, entre República Argentina e Serafín Avendaño, unha humanización que inclúe tecnoloxía novidosa como un punto de recarga de móbiles e baldosas con LEDs nos pasos de peóns, conectadas coas fases semafóricas. O goberno local inviste 2 millóns neste tramo.
mércores, 21 xan 2015
A Xunta de Goberno local aprobou os últimos trámites administrativos para comezar varias obras de humanizacións na cidade. Tal e como avanzou o rexedor, os traballos de mellora empezarán na parte final da Avenida de Castrelos, no estadio de Balaídos, en Ramón Nieto, rúa Pazos Entronque, avenida Hispanidad e Juan Ramón Jiménez.
luns, 19 xan 2015
Este luns deron comezo os traballos da reforma do tramo da Avenida que une as prazas da Independencia e de América, cun investimento de 1.866.000 euros. Durante unha visita, o alcalde explicou que as Camelias contará con máis superficie para beirarrúas, novas canalizacións e 108 novas árbores.
venres, 16 xan 2015
Abel Caballero participou hoxe venres no acto de colocación da primeira pedra das obras de humanización de Rosalía de Castro, entre o treito que vai de República Argentina a Canceleiro. Os traballos de mellora, que contan cun orzamento de 1,3 millóns, van prolongarse durante cinco meses.