venres, 24 out 2014
A Xunta de Goberno Local acordou este venres adxudicar provisionalmente as humanizacións de Alonso Ojeda e a praza de Martínez Garrido entre os camiños Medieros e Sobreiro, ademáis de aprobar a dirección da obra de renovación de Mestre Chané e Montecelo Alto. Caballero salientou que estas catro melloras representan case 800.000 euros de investimento municipal.
mércores, 22 out 2014
Abel Caballero anunciou hoxe que o goberno local deu luz verde a una serie de humanizacións e obras de saneamento en distintas zonas da cidade. A meirande parte destes traballos comezarán antes de que remate o ano.
luns, 20 out 2014
O concelleiro de Fomento deu conta esta mañá do inicio dos traballos de renovación de todo o pavimento pétreo do casco urbán. Concretamente, as obras comezarán mañá na rúa Reconquista e seguirán con Carral, Príncipe, Praza da Estrela, que tamén se iniciarán esta semana.
venres, 17 out 2014
Abel Caballero informou desta decisión, adoptada pola Xunta de Goberno Local, de aprobar o expediente de contratación das obras de reforzo de capa de rodadura de Pizarro -entre a Praza de España e Vázquez Varela-, os laterais da Avenida de Madrid e os túneles da Praza de España e de Martínez Garrido. O orzamento é de 800.000 euros.
xoves, 16 out 2014
Segundo informou Caballero, a Xunta de Goberno Local realizou a clasificación de ofertas para traballos de mellora en 22 rúas da cidade, por importe total de 1.768.000 euros. O alcalde reiterou que "continuamos coas humanizacións masivas na cidade de Vigo, que non se van deter".
mércores, 15 out 2014
O Concello vai investir maís de 200.000 euros na reparación do firme de pedra en once rúas do centro da cidade. Os traballos arrancaron onte en Elduayen, "nunha zona moi castigada polo tráfico", proseguerán o luns en Reconquista e iránse realizando paulatinamente coa previsión de que estea todas rematadas en novembro.
luns, 13 out 2014
O alcalde de Vigo cifrou hoxe en maís de 50 os operarios municipais que atenden a reparación de viais na ciade. Unha das nove brigadas nas que se dividen estes profesionais está nestes momentos arranxando as beirarrúas de Pablo Iglesias, logo de que os árbores levantaran as baldosas de grande parte da rúa.
venres, 10 out 2014
Caballero anunciou este venres a aprobación dos expedientes de contratación das obras de humanización da Avenida de Castrelos, entre Avenida Portanet e Clara Campoamor, e de Rosalía de Castro, no tramo desde República Arxentina ata Canceleiro. O goberno de Vigo tamén licitou a humanización de Ramón Nieto, fronte ao mercado de Cabral.
luns, 6 out 2014
O goberno local ven de aprobar o proxecto, por importe de 630.000 euros, para dispoñer dun ascensor inclinado en Juan Ramón Jiménez que salve os 20 metros de altura entre Menéndez Pelayo e a Avenida das Camelias. O alcalde tamén informou das aprobacións de proxectos de humanización en Gregorio Espino, Gerona e Aragón, cun orzamento superior ao millón de euros.
venres, 3 out 2014
A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto de renovación das canalizacións de saneamento das rúas Mestre Chané e Montecelo Alto. A mellora suporá a substitución da rede soterrada de servizos, en mal estado, e acometerase aproveitando a obra que executa ADIF nestes viais, co obxectivo de minimizar as molestias aos veciños.