Escoitar

O Concello adica máis de 100.000 euros á remodelación integral do túnel das Travesas

O goberno local acomete este xoves a reforma do paso soterrado da Praza de América, obras de cambio de pavimentación, asfaltado e de cubrición reflectante para mellorar a luminosidade que conlevaron o peche da circulación durante a xornada. Se o tempo o permite, o tráfico recuperará a normalidade mañá.

xoves, 29 mai 2014
O alcalde lamentou as molestias causadas polo corte de tráfico, obrigado polos traballos de mellora que realiza o Concello durante a xornada deste xoves. Caballero indicou que recibira moitas queixas da cidadanía polo estado do túnel.

Por importe superior aos 100.000 euros, a remodelación integral do paso inferior da Praza de América contemplan o cambio de pavimentación, o asfaltado e a cubrición reflectante para mellorar a luminosidade do traxecto. Se a chuvia o permite, o goberno local asfaltará esta tarde e o tráfico recuperará a normalidade durante a madrugada do xoves ao venres.

Caballero informou que o día 9 de xuño comeza o pintado das paredes interiores do túnel, co obxecto de mellorar a visibilidade, traballos que se alongarán durante dúas semanas e se acometerán polas noites.