Escoitar

O Concello substitúe os pasos elevados de Castelao por pasos de peóns e semáforos

Abel Caballero manifestou que a retirada das pasarelas será positiva para o entorno da avenida Castelao, xa que lonxe de utilizalas, os peóns cruzaban polo medio da estrada, o que supoñía un grave risco. Os traballos rematarán previsiblemente na xornada de mañá xoves.

mércores, 28 mai 2014
1401289393castelao.JPG
O rexedor local achegouse na mañá de hoxe mércores ao barrio de Coia para visitar as obras de desmontaxe das pasarelas da avenida de Castelao. Abel Caballero destacou a pouca utilidade dos tendidos que, lonxe de ser prácticos, constituían un obstáculo na cidade. O alcalde manifestou que "visualmente eran negativos, tapaban as casas e supoñían un grande obstáculo para unha zona tan excepcional como é a Avenida de Castelao".

Agárdase que mañá xoves rematen os traballos de retirada das pasarelas, segundo Caballero, xa que as obras avanzan a bo ritmo e sen dificultar prácticamente o tráfico da zona. Dous pasos de peóns cruzan xa a Avenida de Castelao, e se está estudando a posibilidade de poñer un terceiro, como subliñou o alcalde "ata este momento a xente cruzaba pola estrada e había un risco moi notable por que as pasarelas non se usaban".

O rexedor deu conta de novos semáfotos na avenida de Galicia, Martínez Garrido, a rúa Clara Campoamor, Areal, Gran Vía, Hispanidade e Castelao. Estanse facendo ademáis, algunhas "experiencias piloto" para a activación das sinais acústicas para invidentes dos semáforos, dende os dispositivos móviles, xa que estas alertas "resultan molestas para as vivendas do entorno" explicou Abel Caballero.

Na actualidade, existen na cidade 250 semáforos e dende o Concello pretenden seguir poñendo novos discos xa que consideran importante a permeabilización da cidade e o establecemento de sistemas de cruce no maior número de lugares.
Descargar todas as imaxes