Escoitar

O alcalde destaca a importancia da educación vial na presentación da caravana da Fundación Mapfre

O rexedor destacou a importancia de iniciativas como a caravana de Educación Vial da Fundación Mapfre para os máis pequenos, na prevención e na reducción dos sinistros. Esta actividade funcionará estará na Praza do Rei dende hoxe mércores ata o próximo sábado. Agárdase que máis de 1.000 escolares participen deste proxecto.

mércores, 28 mai 2014
1401288661vial.JPG
O alcalde participou na mañá de hoxe mércores, na presentación da caravana de Educación Vial da Fundación Mapfre instalada na Praza do Rei. O rexedor recalcou o valor deste tipo de iniciativas que pretenden educar aos máis pequenos na importancia de coñecer e respetar a sinais de tráfico, as normas de conducción e as pautas da seguridade.

Preto de 1.000 nenos e nenas da cidade, de entre 8 e 12 anos, asistirán ao longo de catro días a estas xornadas de educación vial que constan dunha parte teórica e outra práctica na que os cativos adoptarán os roles de peatóns, conductores, e observadores. Caballero mostrou a súa satisfacción polo feito de que pais e nais "saiban que estamos a cooperar con eles para a educación dos nenos e nenas de Vigo en conxunto con Mapfre e a Policía Local" como así o expresou esta mañá.

A caravana non estará solo en Vigo, se non que ten unha ruta por 26 cidades do país, na que pretende achegar os valores da educación vial a preto de 30,000 cativos. En verbas de David Rei, director de Mapfre, o principal obxectivo é a reducción da siniestralidade.
Descargar todas as imaxes