Escoitar

III edición do Festival Primavera do Cine en Vigo

Do 4 e 8 de xuño celebrase a III edición do Festival Primavera do Cine en Vigo organizado polas agrupacións culturais Musiquina 33mg e O Reencanto, coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas. As proxeccións terán lugar no salón de actos do Marco e no Auditorio Municipal do Concello.

martes, 27 mai 2014
1401192529festivalcine.jpg
No festival competirán tres categorías: longametraxe, curtametraxe e videoclip. Cada unha destas categorías será dotada cun premio do público. Asimesmo, farase entrega dunha mención honorífica adicada a homenaxear a traxectoria dun profesional ou entidade do audiovisual galego.

No documento que se achega pódese consultar os horarios de proxección previstos dentro do programa da terceira edición do Festival Primavera do Cine en Vigo
Descargar todas as imaxes